AVISTAMENTOS

En Galicia hai rexistradas 21 especies de cetáceos, e na actualidade estanse a levar a cabo estudos xenéticos a partir de mostras recollidas para ver a posibilidade de listar algunha máis.

Se os varamentos nos proporcionan importante información sobre estes animais, como a dieta, xenética, histopatoloxía, parasitoloxía, reproducción, ..., o traballo de monitorización e avistamentos nos aporta información sobre a distribución, estatus poboacional, ...

Avistamentos costeiros
Nas rías galegas viven varias mandas de arroaces (Tursiops truncatus), que é a especie máis coñecida pola xente, aínda que tamén se poden observar outras especies. Os estudos que se están a desenvolver son realizados dende varios puntos repartidos uniformemente na costa, o que constitúe a rede costeira de monitorización.

A presencia das mandas nas rías non é constante, mesmo hai longas tempadas nas que non son observados.

Avistamentos en mar aberto
A observación de cetáceos no mar, a bordo dunha embarcación, e a parte compatible ao traballo que se fai dende os cabos en terra; é dificultosa pola falta de infraestructura propia, tendo que recurrir ó aluguer de embarcacións ou a realización de campañas a bordo de barcos pesqueiros, e mesmo se colabora con diversos mariñeiros que aportan datos esporádicos. Cada unha destas metodoloxías ten as súas vantaxes e inconvintes ou limitacións. Para o traballo de estudo de distribución e estimas poboacionais o ideal son os embarques específicos de monitorización.

Pero gracias a este traballo podemos coñecer a presencia de toniña, golfiño común, arroás boto, caldeirón e mesmo grandes cetáceos na plataforma de Galicia.