AVISTAMENTOS

Embarques específicos

Como complementeo ao traballo que se leva a cabo coa Rede de monitorización costeira, e coa intención de ter a mellor información sobre a comunidade de cetáceos das augas galegas, é imprescindible facer campañas en barco para ter acceso a aquelas especies que viven máis lonxe da costa.

Ao longo dos anos fixemos campañas a bordo de barcos de pasaxe, de barcos pesqueiros, ... Pero para obter os datos máis fiables para facer estudos de distribución e estimas poboacionais o mellor é facer embarques específicos, alugando unha embarcación e seguindo uns transectos e protocolos preestablecidos, mantendo unha metodoloxía de traballo constante a bordo que nos permita obter a máxima rendabilidade ao esforzo realizado.

Paralelamente, estes embarques permítennos avanzar nos estudos de fotoidentificación e bioacústica.

  • soci@s e asociad@s de CEMMA teñen acceso gratuito a esta actividade, quedando inscritos segundo a orde de chegada das reservas. Serán avisados vía mail e web.
  • As persoas non socias de CEMMA poderán facer unha saída cunha aportación de 35 Euros, gracias ao cal manterán a condición de soci@ durante o resto do ano, recibindo toda a información que se xenere (publicacións, etc).