AVISTAMENTOS

Embarques específicos 2010

Xa levamos realizados varios embarques para o estudo dos cetáceos na plataforma no que vai de 2010, este ano tomando como base o porto de Vigo. Como sempre, esta actividade é unha boa forma de iniciarse no estudo destes animais e ir coñecendo as distintas especies das nosas costas, e por agora xa participaron nestas saídas 34 persoas.

A diferencia doutros anos anteriores, nos que se teñen observado moitas máis especies, neste ano todos os avistamentos corresponderon a golfiño común (Delphinus delphis), toniña (Phocoena phocoena), arroaz (Tursiops truncatus) e balea alibranca (Balaenoptera acutorostrata).

Tamén tivemos oportunidade de ver algunha quenlla, peixes roda (Mola mola) e aves como os mascatos (Morus bassanus), paíños pequenos (Hydrobates pelagicus), paíños de Wilson (Oceanites oceanicus), pardelas cincentas (Calonectris diomedea), pardelas escuras (Puffinus griseus), furabuchos atlánticos (Puffinus puffinus), pardelas baleares (Puffinus mauretanicus), gaivotas escuras (Larus fuscus), gaivotas de Sabine (Xema sabini), palleiras grandes (Catharacta skua), palleiras parásitas (Stercorarius parasiticus), fulmar (Fulmarus glacialis), carráns comúns (Sterna hirundo), carráns cristados (Sterna sandvicensis), corvos mariños grandes (Phalacrocorax carbo) e pentumeiros (Melanitta nigra)