DIVULGACIÓN E FORMACIÓN

II Mostra das tradicións mariñeiras, A Guarda 2010

Por segundo ano fomos convidados a participar na Mostra das tradicións mariñeiras que organiza o Concello de A Guarda e a Asociación de Redeiras do Baixo Miño - Atalaia.

Nesta ocasión participamos cunha conferencia de Alfredo López "Especies e espazos mariños protexidos" e cun stand na nave de redeiras, ao lado do dos nosos compañeiros de ANABAM, polo que pasaron centos de visitantes.