DIVULGACIÓN E FORMACIÓN

Feira galega de Voluntariado, 2010

CEMMA estivo presente nunha nova edición da Feira Galega de Voluntariado, celebrada en Santiago do 21 ao 24 de outubro, cun expositor polo que pasaron decenas de visitantes e varios colexios.

Atendidos por Kiko, Maite, Lucía, Lidia e Jose "Oleiros", as persoas interesadas recibiron información sobre as especies de cetáceos e tartarugas das nosas costas e as distintas accións que CEMMA leva a cabo ao longo do ano, a través do reparto de distinto material divulgativo.