DIVULGACIÓN E FORMACIÓN

Clase práctica de necropsia

 

Dentro do programa de formación para soci@s e voluntariado, vimos de realizar unha clase práctica de necropsia dun golfiño común. Esta acción foi dirixida polos membros do Servizo Veterinario de CEMMA, Dr. Josep Mª Alonso e María Llarena.

A asistencia a varamentos é unha das principais accións que realiza CEMMA ao longo do ano, e debido á sua importancia -gran número de varamentos, a importancia da recollida de mostras para o Banco de Mostras galego-, debe ser unha labor que se faga a partir do coñecemento e experiencia, xa que debe ser sistemática, ordeada e completa.

Ao longo do ano seguiremos con accións formativas, orientadas ás distintas accións que leva a cabo CEMMA. Xa comenzou a época de embarques, aos que xa están asistindo soci@s e voluntari@s, e nas vindeiras semanas está previsto facer unha clase práctica de apoio á Rede de Monitorización Costeira.