DIVULGACIÓN E FORMACIÓN

Xornadas no Museo do Mar de Vigo

A Obra Social da Fundació LaCaixa e CEMMA organizaron no Museo do Mar de Vigo unhas xornadas científicas baixo o título "Novas estratexias na conservación das especies mariñas no norte peninsular", nas que participaron como relatores o director conservador do P. Nac. das Illas Atlánticas e investigadores de CEMMA e doutras organizacións estatais.

Estas Xornadas englóbanse dentro da colaboración entre a Obra Social da Fundació LaCaixa e CEMMA no proxecto "LaCaixa a favor del mar".