PREMIO Á SOLIDARIEDADE PARA CEMMA

 

CEMMA recibiu unha Mención Honorífica nos Premios á Solidariedade, da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia, no ámbito da Sensibilización e difusión.

As entidades recoñecidas foron:

1.- Proxectos innovadores:

- P(A)T Galicia.

2.- Desenvolvemento sustentabel e/ou comunitario:

- José Ignacio Salgado Blanco, cooperante galego falecido en Perú, vinculado á ONG Agro acción alemana.

- Mención honorífica: Asociación de Veciños Valle de San Juan de Esmelle, Ferrol.

3.- Sensibilización e difusión:

- Mª Josefa Crespo Amigo, presidenta da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Pontevedra.

- Mención honorífica: Coordinadora para o estudo dos Mamíferos Mariños, CEMMA.

Neste mesmo eido, CEMMA estivo presente no Congreso Galego de Acción Voluntaria 2009, celebrado en Santiago o 23 de abril cunha caseta, e foi convidada a participar cunha pequena comunicación.