DIVULGACIÓN E FORMACIÓN

Convidados ao Día Marítimo Europeo 2010

O 21 de maio é o Día Marítimo Europeo, e durante esa semana celebrarase un encontro internacional en Gijón.

CEMMA terá un hoco nun estand para poder mostrar parte do seu traballo a través de videos e fotos, e o seu presidente Alfredo López foi convidado a participar na mesa redonda "Protección da biodiversidade a través da creación de áreas mariñas protexidas".

Páxina oficial do encontro