INVESTIGACIÓN

A "Toniña Un", base en Combarro

Despois de dous anos no porto de O Grove, a Unidade Marítima de CEMMA "Toniña Un" terá a partir de agora como base o porto de Combarro, na ría de Pontevedra, para colaborar dende alí nos distintos proxectos de investigación e accións que se levan a cabo dende hai anos na zona.

Colaborarase coa Rede de Monitorización Costeira de Galicia e nos proxectos de investigación de acústica, fotoidentificación, estudo de impactos dos portos deportivos e educación e concienciación dos usuarios de embarcacións de lecer cara as especies de cetáceos que viven nas nosas costas.