|
INVESTIGACIÓN
Divulgando a pé de mar
Dende o pasado mes de setembro de 2008, a CEMMA está a traballar no proxecto “Divulgando a Pé de Mar”, que conta coa colaboración e co financiamento da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia.
Este importante proxecto ten como obxectivo principal a sensibilización ambiental e o intercambio directo de información coa flota pesqueira artesanal de Galicia, de cara a mellorar no coñecemento das complexas e variadas interaccións que se producen entre os cetáceos e a pesca, e dun xeito especial, da mortalidade de cetáceos por captura accidental en artes de pesca e do impacto económico que os cetáceos producen no sector pesqueiro galego.
Con este proxecto, a CEMMA está a poñer en marcha unha líña de traballo e de comunicación directa co sector pesqueiro que permita, por unha banda, coñocer en profundidade e evaluar dunha maneira axeitada a relación existente entre os cetáceos e a pesca en Galicia. E por outra banda, acadar un entendemento co sector pesqueiro e lograr a súa implicación directa para poder chegar a aplicar solucións prácticas e efectivas, de xeito que as dúas partes, mariñeiros e cetáceos, non resulten perxudicadas entre sí polo simple feito de compartir o medio mariño.
Para conseguir acadar estes importantes obxectivos, se está a traballar a través de distintas líñas de actuación:
- Enquisas ós mariñeiros para a recollida directa de información nos portos de pesca.
- Embarques a bordo de barcos de pesca, para recoller datos da actividade pesqueira, de avistamentos e da interacción cetáceos-pesca.
- Divulgación e sensibilización ambiental. A través da realización de xornadas e mesas redondas cos mariñeiros nos portos, e mediante a edición de diverso material de divulgación.
Unha das bases mais importantes deste proxecto é a colaboración e a participación directa do sector pesqueiro, tanto a través das confrarías e das asociacións de armadores coma dos propios mariñeiros.
O proxecto pretende, en último termo, conseguir minimizar os efectos negativos derivados da interacción cetáceos-pesca, xa que segundo o noso punto de vista, no mar hai espacio e recursos para todos.
CAMPAÑAS THUNNUS
|
|
 |