INVESTIGACIÓN

Estudo do impacto dos portos nos cetáceos

No 2007 púxose en marcha unha mostraxe destinada a estudar o impacto dos portos nas poboacións costeiras de cetáceos, sobre todo co arroaz (Tursiops truncatus), valorando as posibles interaccións e comprobando se a xente respetaba a lexislación actual respecto a estes animais. Durante 3 anos se levou a cabo nos portos de Sanxenxo e Portonovo, na ría de Pontevedra, e repetido en distintas épocas do ano, para valorar periodos de alta e baixa actividade de embarcacións. Paralelamente, aproveitase para achegar estas especies e o noso traballo a toda a xente que se achega a preguntar qué estamos a facer.

Neste tempo, coa proliferación de embarcacións deportivas, poidemos rexistrar ducias de exemplos de mal comportamento fronte a estes animais, chegando a manda de arroaces a estar rodeada por ata seis embarcacións (ver foto á dereita).

Os resultados obtidos nos primeiros anos xa foron presentados nos recentes congresos da European Cetacean Society (ECS) e a Sociedad Española para la Conservación y Estudio de los Mamíferos (SECEM).

RIBEIRA 2010

Para poder ter referencias coas que poder comparar, este ano decidiuse considerar o porto de Ribeira, na ría de Arousa. Á espera de tratar os datos recollidos de forma estadística, o tráfico de barcos diario foi menor, e tamén detectamos un maior respeto hacia os arroaces, detectando só un caso de persecución.