INVESTIGACIÓN

I Seminario proxecto SAFESEA

Durante a fin de semana do 16 e 17 de xaneiro de 2010 celebrouse en Viana do Castelo o I Seminario do proxecto SAFESEA, baixo o título "Bycatch of cetaceans. Present scenarios and mitigation measures", no que se fixo unha presentación do proxecto e unha posta en común de diferentes traballos de investigación de distintas partes do mundo sobre a problemática das capturas accidentais de cetáceos.

Este é un proxecto que conta con financiamento das axudas europeas EEA Grants - European Economic Area Financial Mechanism, que se desenvolve en Portugal baixo a dirección da Universidade do Minho e a SPVS, coa colaboración de organizacións do sector pesqueiro e o asesoramento de CEMMA e o Institute of Marine Research de Oslo (participantes)

Os estudos que se realizan cos cetáceos en Galicia tamén estiveron presentes neste seminario: o presidente de CEMMA, Alfredo López, presentou a comunicación "The interaction between fisheries and cetaceans on the way to conservation", e tamén investigadores do IEO e IIM-CSIC presentaron os seus traballos, nalgún caso realizados a partir de mostras recollidas pola Rede de Varamentos.

programa

poster do proxecto