INVESTIGACIÓN

Campañas Thunnus 2010

resumo da Segunda Campaña 2010

resumo da Terceira Campaña 2010

resumo da Cuarta Campaña 2010

RESUMO PRIMEIRA CAMPAÑA 2010

Esta primeira campaña desenvolveuse entre o 24 de xuño e o 9 de xullo e navegamos sobre todo no entorno de Mont Armonique, una montaña submarina situada a una 330 millas ao noroeste de cabo Vilán. O tempo non foi malo predominando ventos de componente oeste con forzas 2 a 4 e o mar en xeral bo. En canto a os avistamentos de cetáceos caracterizouse pola abundancia relativa de balea común (Balaenoptera physalus) que con un 76% dos avistamentos foi con diferencia a especie máis avistada. Os avistamentos forn en xeral de individuos solitarios aínda que houbo rexitros de grupos de ata 11 individuos, algo non moi frecuente para esta especie. Parece ser que se volve a recuperar a abundancia relativa do rorcual común acadando os valores de hai dous anos. De todas formas haberá que esperar aos resultados das seguintes campañas para ver se esta tendencia se confirma. Outras especies avistadas ainda que con moita menor abundancia foron o golfiño riscado (Stenella coeruloalba), golfiño común (Delphinus delphis), balea alibranca (Balaenoptera acutorostrata), cifio de Sowerby (Mesoplodon bidens), cifio de True (Mesoplodon mirus) e caldeirón común (Globicephala melas).

A salientar a escasa presenza de pardelas con apenas una ducia de rexistros de pardela cincenta (Calonectris diomedea), pola contra houbo bastantes rexistros de paiño de Wilson (Oceanites oceanicus) e algún rexistro de pardela sombria (Puffinus griseus).