INVESTIGACIÓN

Campañas Thunnus 2010

resumo da Primeira Campaña 2010

resumo Terceira Campaña 2010

resumo da Cuarta Campaña 2010

RESUMO SEGUNDA CAMPAÑA 2010

Esta foi a segunda campaña da costeira do bonito 2010, realizada a bordo do “Irmáns García Nodal” entre o 12 e o 28 de xullo, e durante este tempo estivemos a traballar principalmente nas zonas de Mont Armorique e Porcupine-Gran Sol, a unas 300-450 millas ó NW e N da costa galega.

Aínda que non sufrimos o envite de fortes temporais, como nos tiña pasado noutras campañas anteriores, nesta ocasión tivemos mal tempo, con continuos frentes do NW e NE, con F6-8, que condicionaron moito a mostraxe cetolóxica. Poderíamos decir que tan só tivemos bo tempo un par de días. A pesares disto, chegamos a terra cuns rexistros moi interesantes. En canto aos avistamentos sistemáticos de cetáceos, foron detectadas seis especies, e o 85% deles foron de balea común, que coma sempre ocurre nestas campañas, é a especies máis abundante de todas as registradas durante a costeira.

En cantos as aves podemos decir que se rexistraron moi poucas especies e tamén moi poucos individuos.

Quedamos gratamente sorprendidos polo feito de atopar moi pouco lixo aboiando polas zonas de pesca. Agardemos que, pouco a pouco, os mariñeiros vaian tomando conciencia sobre este tema e que entre todos consigamos que o mar conteña cada vez menos lixo e residuos.

Cando estabamos navegando de regreso ao porto de Marín, o helicóptero HELIMER GALICIA achegouse ao barco para realizar un exercicio de adestramento. Era a derradeira sorpresa que nos tiña agochada esta campaña, e queremos aproveitar esta oportunidade para saudar e felicitar á tripulación deste e dos demais equipos de salvamento que realizan un excelente traballo de cara a xente do mar.

Por último, e coma sempre, queremos agradecer á tripulación do “Irmáns García Nodal” a excelente acollida que nos deron a bordo.