INVESTIGACIÓN

Campañas Thunnus 2010

resumo da Primeira Campaña 2010

resumo Segunda Campaña 2010

resumo Cuarta Campaña 2010

RESUMO TERCEIRA CAMPAÑA 2010

A terceira campaña desenvolveuse ao igual que a primeira a bordo do buque Sebastián de Ocampo e neste caso navegamos ao norte e leste do Monte de Biskaia a unhas 250 millas ao norte de Estaca de Bares.

O tempo foi en xeral bo e dominaron os ventos de compoñente norte con forzas 3 a 4. con estas boas condicións houbo gran cantidade de avistamentos sobre todo de balea común (Balaenoptera physalus) que acaparou o 87,5% dos avistamentos. Hai que sinalar que as taxas de avistamentos no que se refire a número de avistamentos por esforzo de observación están sendo moi altas no que levamos de 2010 e superan en moito aos valores obtidos en anos anteriores. Asimismo sinalar tamén que o número de individuos por avistamento no caso das baleas está sendo tamén máis alto que os anos anteriores. Se no caso das baleas temos un escenario moi positivo no resto das especies os resultados son moi pobres pois só se rexistraron avistamentos de golfiño común (Delphinus delphis), golfiño riscado (Stenella coeruleoalba) e arroaz boto (Grampus griseus), cada un deles con poucos rexistros.

No que se refire a aves houbo presencia de moitas especies aínda que ningunha delas foi moi abundante. Destacar iso sí a abundancia relativa da pardela pichoneta (Puffinus puffinus) e do fulmar (Fulmarus galcialis) que se fixeron notar de forma máis abondosa que noutras campañas. Rexistráronse asimesmo pasos migratorios de limícolas como o mazarico (Numenius arquata).

Por ultimo agradecer á tripulación do buque Sebastián de Ocampo o trato amosado e o interese crecente que amosan no referente aos estudios de cetáceos que se desenvolven dende a CEMMA.