ORGANIZACIÓN

A Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños ten como obxectivos o estudio, divulgación e conservación dos mamíferos e tartarugas mariñas. Todos os esforzos son poucos para tentar de minimizar o impacto que moitas actividades humanas ocasionan directa ou indirectamente sobre estes animais mariños.

A asociación foi constituida en 1990 por 15 socios e legalizada no ano 1992.

A CEMMA a constitúen socios colectivos (grupos ecoloxistas) e outros socios a título individual. En concreto os grupos que forman parte son ERVA de Vigo, Asociación Naturalista do Baixo Miño (ANABAM) de A Guarda, Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Asociación Galega para a Defensa Ambiental de Galicia (ADEGA), HÁBITAT de A Coruña e o Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES).

Actualmente conta con máis de 170 soci@s. O primeiro obxectivo que nos plantexamos cando comezamos o traballo conxuntamente baixo o tema común dos mamíferos mariños foi o seu estudio e así consta nas siglas do colectivo.

Organizativamente cóntase con Grupos de Traballo costeiros distribuídos por toda Galicia que trabAllan na detección dos animais varados e no rexistro de avistamentos no mar.

Dende febreiro de 2003 a CEMMA conta cun local social no concello de Nigrán (Pontevedra) dende onde centraliza as súas actividades, e que sirve como punto de encontro e celebración de exposicións, charlas,...

 

MEMORIA ANUAL DE ACTIVIDADES 2009

MEMORIA ANUAL DE ACTIVIDADES 2008

MEMORIA ANUAL DE ACTIVIDADES 2007