Actualizada 04/11/2010
Participamos nunha nova edición da Feira Galega de Voluntariado (Máis..)
Nota sobre os embarques de monitorización na plataforma galega no 2010 (Máis..)
Campañas Thunnus 2010 acompañando aos barcos da costeira do bonito. Resumo da primeira (Máis...), segunda (Máis...), terceira (Máis...) e cuarta (Máis...) campañas 2010
Novo paper sobre os cetáceos costeiros de Galicia, a partir do traballo da Rede de Monitorización Costeira (Máis...)
Trasladamos a Ribeira o estudo do impacto dos portos nos cetáceos que vimos facendo dende 2007 (Máis...)
Participamos na II Mostra das tradicións mariñeiras de A Guarda (Máis...)
Liberada unha tartaruga mariña común (Caretta caretta) tras varios meses de recuperación (Máis...)
Ven de publicarse un novo artigo sobre a toniña (Phocoena phocoena) en Europa, no que participaron investigadores de CEMMA (Máis...)
CEMMA convidada á celebración do Día Marítimo Europeo en Gijón (Máis...)
Novos rexistros de tartaruga de coiro en Galicia (Máis...)
A Unidade Marítima da CEMMA "Toniña Un" desplaza o seu porto base a Combarro, na ría de Pontevedra, para colaborar nas nosas investigacións nesa zona (Máis...)
Durante a Semana Santa, e por mor dos temporais, houbo un repunte no número de varamentos nas costas galegas. O máis chamativo foi un cachalote en Marín (Máis...)
Celébrase en Viana do Castelo o I Seminario do Proxecto SAFESEA, no que CEMMA colabora como asesor (Máis...)
Ven de publicarse un novo artigo científico sobre o golfiño común (Delphinus delphis) no que participou CEMMA (Máis...)
CEMMA presenta catro comunicacións nas IX Jornadas de la SECEM (Máis...)
CEMMA e SGHN participan na serie documental "Los balleneros del norte" de TVE, actualmente en emisión en La2 (Ver aquí os capítulos... )
Rescatado un golfiño riscado en O Barqueiro por voluntarios de CEMMA e SGHN-Ferrol (Máis...)
Iniciación ao estudo de cetáceos en Ferrol, en colaboración coa SGHN, dentro do programa "Solidarízate", actividade de promoción do voluntariado de Caixa Galicia (Máis...)
Continúan as accións do programa "DIVULGANDO A PÉ DE MAR", desenvolvido gracias ao Convenio establecido entre CEMMA e a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia (Máis...)
CEMMA recibe o Premio Luis Tilve 2009 na categoría de "Defensa do Medio Ambiente e dos bens comúns" (Máis...)
CEMMA participará como SOCIO no proxecto LIFE-INDEMARES de "Inventario y designación de la Red Natura 2000 en áreas marinas del estado Español" (Máis...)
O lobo mariño cincento "Barda" completa a súa fase de recuperación e embarca rumbo ao Gran Sol (Máis...)
CEMMA foi convidada a participar na xuntanza do Grupo de Traballo de Ecoloxía de Mamíferos Mariños do ICES, celebrada a principios de febreiro en Vigo (Máis...)
O traballo de investigación levado a cabo por CEMMA permite a presentación de 4 comunicacións no próximo congreso da European Cetacean Society, ademais de participar como colaboradora noutras 5 (Máis...)
CEMMA recibiu unha Mención Honorífica nos Premios Solidarios, no ámbito da sensibilización e difusión (Máis...)
CEMMA colabora coa Sociedade Portuguesa de Vida Selvagem na liberación do lobo mariño "Teimoso" tras dous meses de recuperación en Portugal (Máis..)
CEMMA organizou xunto coa Obra Social de La Caixa unhas xornadas científicas no Museo do Mar de Vigo, baixo o título "Novas estratexias na conservación das especies mariñas no norte peninsular" (Máis...)
CEMMA editou co Concello de Sanxenxo un libro guía dos cetáceos, baixo o título de "Sanxenxo, costa de cetáceos" (Máis...)
Dentro do noso programa de formación, tanto para soci@s como para voluntariado, vimos de realizar unha clase práctica de necropsia dun golfiño, dirixida polos membros do Servizo Veterinario de CEMMA (Máis...)

CEMMA é unha ONG galega con dezaoito anos de experiencia no estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia, a través dunha investigación seria, promovendo e participando en diferentes estudos e proxectos de investigación sobre os cetáceos con institucións estatais e internacionais, e potenciando aspectos divulgativos mediante exposicións, conferencias e cursos.

Dende 1999 CEMMA é, gracias a un convenio coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a única institución responsable da asistencia aos varamentos na costa galega, a xestión do banco de mostras oficial, a recuperación de animais feridos, o estudo poboacional destas especies e a redacción dos plans de xestión das especies máis ameazadas.

CEMMA é membro fundador da Sociedad Española de Cetáceos e membro da European Cetacean Society