RECUPERACIÓN


Lamentablemente en Galicia non se conta actualmente con ningún centro para especies mariñas tales como cetáceos, lobos mariños ou tartarugas.

Ata o momento, as accións de rescate e rehabilitación que se realizaron, precisaron da colaboración de outros centros de recuperación de fauna terrestre (Cotorredondo e Oleiros) e doutras institucións que teñen como obxecto a investigación (Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC) e a educación ambiental (Acquarium do Grove).

Gracias á sinatura do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e CEMMA para a recuperación destas especies, os animais que necesitan do seu ingreso para coidados son trasladados á UCI de especies mariñas da SGHN-Ferrol. Nas últimas semanas previas á súa liberación no mar son trasladados a unha piscina especialmente habilitada no Acquarium Galicia para fomentar a natación activa, captura de presas vivas, ..., sempre baixo a supervisión do Servizo Veterinario de CEMMA.

Actualmente existe un proxecto avalado pola Xunta de Galicia para a construcción dun centro de recuperación para a fauna mariña en Baiona (Pontevedra), que está previsto se comece a construir a principios de 2010.

 

 
 
 

 

RECUPERACIÓN