RECUPERACIÓN

Tartarugas

A tartaruga mariña "Basteira" foi liberada despois de varios meses de recuperación.

Trátase dun exemplar de tartaruga mariña común (Caretta caretta) que foi atopada en Cariño (A Coruña) o pasado mes de marzo, onde foi atendida nun primeiro momento pola Unidade Móbil do norte da CEMMA e o GRUMIR de Cariño. Foi trasladada ás instalacións da SGHN-Ferrol para ingresala na UCI de lobos mariños e tartarugas para unha máis profunda exploración baixo a dirección do Servizo Veterinario de CEMMA. A aleta anterior esquerda estaba amputada á altura do húmero, cunha ferida case cicatrizada e tiña unha lixeira pneumonía.

Rematado o tratamento e ante a aevidente recuperación do animal, decídese o seu traslado a unha piscina de gran tamaño nas instalacións do Aquarium Galicia de O Grove para facilitar o fortalecemento para a natación con vistas á posterior liberación.

O sábado 15embarcou no barco "Anxuela" de Celeiro, alugado por CEMMA para realizar unha campaña de investigación de cetáceos no Banco de Galicia dentro do proxecto "LIFE+ INDEMARES", para aproveitar o embarque de altura para proceder a súa liberación, que se produciu o día 16.

Queremos agradecer dende aquí a colaboración de todos os que participaron no éxito do proceso, e en especial aos voluntarios e voluntarias da SGHN-Ferrol, que a atenderon nas primeiras semanas.

Máis información e fotos no blog da SGHN-Ferrol:

- PRIMEIRA FASE

- SEGUNDA FASE

- LIBERACIÓN

 

 

 
 
 
 

 

RECUPERACIÓN