RECUPERACIÓN

Colaboración na liberación de "Teimoso"

CEMMA colaborou coa Sociedade Portuguesa de Vida Selvagem (http://socpvs.org/) na organización da liberación o 30 de marzo do lobo mariño cincento "Teimoso", tras superar o periodo de recuperación de dous meses en Portugal.

O animal chegou á unha praia cercana a Figueira da Foz no temporal de xaneiro, sendo rescatada e trasladada ás instalacións de recuperación. Unha vez recibida a alta do equipo veterinario, organizouse a súa liberación coa inestimable colaboración do barco "Ferreira Martínez", que pesca no Gran Sol e é colaborador habitual da CEMMA na liberación de fauna en recuperación.