VARAMENTOS

Coñécese como varamento o feito de que un animal mariño quede en seco na costa sen posibilidades de voltar ao mar polos seus propios medios. É un feito accidental que afecta a cetáceos, pinnípedos e quelonios, e que ten moita relevancia en Galicia, onde está presente unha das comunidades de cetáceos máis importantes do litoral español, tendo rexistradas ata o momento un total de 21 especies, e a onde chegan tamén ocasionalmente pinnípedos e tartarugas.

Dado o elevado número de varamentos rexistrados durante a década dos noventa e as figuras de protección que teñen os cetáceos, en 1999 estableceuse un Convenio entre a Xunta de Galicia -autoridade competente- e CEMMA para crear a Rede de Varamentos de Galicia, que segue vixente 12 anos despois.

Só no referente a mamíferos, nos dez primeiros anos de funcionamento (1999-2008), atendéronse 2.256 cetáceos (de 18 especies) e 58 pinnípedos (de 3 especies). No que vai de 2010 xa van máis de 100 varamentos rexistrados.

Na actualidade a CEMMA ten unha UNIDADE MÓBIL de atención permanente aos animais varados, con base en Nigrán (Pontevedra) e outra unidade de apoio en Ferrol.

- Balea común en Marín, setembro 2008

- Máis de 230 varamentos nos seis primeiros meses 2009

- Rescatado por CEMMA un golfiño riscado en Aguete (Marín)

- Rescatado por CEMMA un golfiño riscado en O Barqueiro

- Máis varamentos en Semana Santa 2010

 

 

 

 
 
 

 

Varamentos